tag:blogger.com,1999:blog-83007587912609705232023-11-15T06:30:36.223-08:00Valle del LagoPaso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/17097282518186887790noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-8300758791260970523.post-42160136136351470572011-07-20T11:45:00.000-07:002011-07-20T11:48:26.812-07:00CronicaCando chegamos ao punto de saída, as perspectivas eran inmellorabeis. A néboa recortaba a panorámica espectacular dun muro de pedra interminable a un lado e a outro un tranquilo lago pousado na mañá fría. É dicir, un toque romántico de inicio esperando que o día escampara co sol de verán.
Atallando polo camping e ascendendo entre tupidos tuneis de faias e castiñeiros, a comitiva sendeirista dábase conta que a néboa sería constante e crecente, envolvéndonos máis preto conforme gañabamos altura. As vistas desas fermosas caídas da ruta serían aprazadas para mellor ocasión pero sempre quedan cousas que rescatar en cada camiñada. A ruta do lago foi moi próspera en compañeiros animais. Nos primeiros pasos, cabalos fortes de montaña, levaban paseniñamente a grandes e meniños resgardados nas monturas da auga e a lama do camiño. No cumio, explorando os refuxios pastoriles de pedra, entre vacas e touros afeitos aos invitados...tamén un gran e dilixente mastín que gardaba o gando nesas alturas molladas; na comida, un par de cans aceptaban de bon grado un par de galletas...ah! e non esquecer a cabra enpoleirada no alto das penas de Pola de Somiedo dialogando con Javier nese idioma que só eles coñecen. A ubicación illada de Somiedo fixo que conservaran unha fauna marabillosa, queda moito por ver: osos, urogalos, réptiles..Por suposto lembrar as pintorescas "cabañas de teito" que tanto asociamos coas pallozas do Cebreiro e verdadeira imaxe icónica de Somiedo. Somiedu en asturiano, que din que ven de Sometum, país de Montañas elevadas ao que hai que regresar un día de máis luz.

Suso Rubio

Paso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/17097282518186887790noreply@blogger.com0